10
Vou proseguir este momento de charla perante o Señor, cunha nota que utilicei hai anos e que mantén toda a actualidade. Recollín daquela unhas consideracións de Tareixa de Avila: «todo é nada, e menos que nada, o que se acaba e non contenta a Deus»17. Comprendedes por que unha alma deixa de saborear a paz e a serenidade cando se arreda do seu fin, cando se esquece de que Deus a creou para a santidade? Esforzádevos por non perder nunca de vista este punto de mira sobrenatural, tampouco á hora da distracción ou do descanso, tan necesario na vida de cada un de nós coma o traballo.
Xa podedes chegar ao cume da vosa tarefa profesional, xa podedes acadar os trunfos máis resoantes, como froito desa libérrima iniciativa que exercedes nas actividades temporais; pero se me abandonades ese sentido sobrenatural que ten que presidir todo o noso labor humano, errariades lamentablemente o camiño.
Santa Tareixa de Xesús, Libro da vida, 20, 26.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/10/ (14-12-2025)