11
Permitídeme unha curta digresión, que vén perfectamente ao caso. Xamais lle preguntei a ninguén dos que a min se achegaron o que pensa en política: non me interesa! Maniféstovos con esta norma da miña conduta, unha realidade que está moi metida na entraña do Opus Dei, ao que coa graza e misericordia divina me dediquei completamente, para servir á Igrexa santa. Non me interesa ese tema, porque os cristiáns gozades da máis plena liberdade, coa consecuente persoal responsabilidade, para intervir como mellor vos pete en cuestións de índole política, social, cultural, etcétera, sen máis límites que os que marca o maxisterio da Igrexa. Unicamente me preocuparía —polo ben das vosas almas— se saltásedes eses lindeiros, xa que creariades unha neta oposición entre a fe que afirmades profesar e ás vosas obras, e entón volo advertiría con claridade. Este sacrosanto respecto as vosas opcións, mentres non se aparten da lei de Deus, non o entenden os que ignoran o verdadeiro concepto da liberdade que nos gañou Cristo na Cruz, qua libertateChristus nos liberavit18, os sectarios dun e doutro extremo: eses que pretenden impor como dogma as súas opinións temporais; ou aqueles que degradan ao home, ao negar o valor da fe colocándoa a mercé dos erros máis brutais.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/11/ (14-12-2025)