111
Non te preguntaches algunha vez, movido por unha curiosidade santa, de que xeito levou a termo Xesucristo este desbaldo de amor? De novo ocúpase san Paulo de respondernos: tendo a natureza de Deus, (...) non obstante, anonadouse a si mesmo tomando a forma de servo, feito semellante aos homes e reducido á condición de home5. Fillos, abraiádevos agradecidos ante este misterio, e aprendede: todo o poder, toda a maxestade, toda a fermosura, toda a harmonía infinita de Deus, as súas grandes e inconmensurables riquezas, todo un Deus!, quedou escondido na Humanidade de Cristo para servirnos. O Omnipotente preséntase decidido a escurecer por un tempo a súa gloria, para facilitar o encontro redentor coas súas cria-tu ras.
A Deus, escribe o Evanxelista san Xoán, ninguén o viu xamais: o Fillo Unixénito, existente no seo do Pai, é quen o deu a coñecer6, comparecendo ante a mirada atónita dos homes: primeiro, como neno de berce, en Belén; logo, como un neno igual aos outros; máis adiante, no Templo, como un adolescente asisado e espelido; e, a fin, con aquela figura amable e atractiva de Mestre, que removía os corazóns das multitudes que o acompañaban entusiasmadas.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/111/ (14-12-2025)