115

Señorío do cristián

Corazóns xenerosos, con desprendemento verdadeiro, pide o Señor. Conseguirémolo, se soltamos con enteireza as amarras ou os fíos sutís que nos atan ao noso eu. Non vos agocho que esta determinación esixe unha loita constante, un saltar por riba do propio entendemento e da propia vontade, unha renuncia —en poucas palabras— máis ardua que o abandono dos bens materiais máis cobizados.

Ese desprendemento que o Mestre predicou, o que espera de todos os cristiáns, comporta necesariamente tamén manifestacións externas. Xesucristo coepit facere et docere10, antes que coa palabra, anunciou a súa doutrina con obras. Vísteslle nacer nun cortello, na carencia máis absoluta, e durmir reclinado sobre as pallas dunha manxadoira os seus primeiros sonos na terra. Logo, ao longo dos anos das súas andainas apostólicas, entre outros moitos exemplos, lembraredes a súa clara advertencia a un dos que se ofreceron para acompañalo como discípulo: as raposas teñen goridas, e as aves do ceo niños; mais o Fillo do home non ten onde reclinar a súa cabeza11. E non deixedes de contemplar aquela escena, que recolle o Evanxeo, na que os Apóstolos, para mitigar a fame, arrincan polo camiño nun sábado unhas espigas de trigo12.

Notas
10

Act I, 1.

11

Lc IX, 58.

12

Cfr. Mc II, 23.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma