119
Non te estou levando cara a unha relaxación no cumprimento dos teus deberes ou na esixencia dos teus dereitos. Pola contra, para cada un de nós, de ordinario, unha retirada nesa fronte equivale a desertar covardemente da pelexa para ser santos, á que Deus nos ten chamado. Por iso, con seguridade de conciencia, tes que poñer empeño —especialmente no teu traballo— para que nin a ti nin aos teus vos falte o conveniente para vivir con cristiá dignidade. Se nalgún momento experi-mentas na túa carne o peso da indixencia, non te entristezas nin te reveles; malia todo, insisto, procura empregar todos os recursos nobres para superar esa situación, porque obrar doutro xeito sería tentar a Deus. E mentres loitas, lémbrate ademais de que omnia in bonum! Todo —tamén a escaseza, a pobreza— coopera ao ben dos que aman ao Señor22; acostúmate, xa desde agora, a afrontar con alegría as pequenas limitacións, as incomodidades, o frío, a calor, a privación de algo que consideras imprescindible, o non poder descansar como e cando quixeras, a fame, a soidade, a ingratitude, a incomprensión, a deshonra...
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/119/ (14-12-2025)