12

Pero volvamos ao noso tema. Dicíavos antes que xa podedes lograr os éxitos máis espectaculares no terreo social, na actuación pública, no quefacer profesional, pero se vos descoidades interiormente e vos apartades do Señor, ao final teredes fracasado rotundamente. Ante Deus, e en definitiva é o que conta, consegue a vitoria o que loita por se portar como cristián auténtico: non cabe unha solución intermedia. Por iso co ñecedes a tantos que, xulgando ao humano a situación, se deberían sentir moi felices e, non obstante, arrastran unha existencia inqueda, agre; parece que venden alegría a eito, pero rascas un pouco nas súas almas e queda ao descuberto un sabor acedo, máis amargo que o fel. Non nos sucederá a ninguén de nós, se de veras tratamos de cumprir constantemente a Vontade de Deus, darlle gloria, loalo e estender o seu reinado a todas as criaturas.

Este punto noutro idioma