122

O desprendemento que predico, despois de mirar ao noso Modelo, é señorío; non o clamoroso e rechamante comportarse como pobre, carauta da preguiza e do abandono. Debes ir vestido de acordo co ton da túa condición, do teu ambiente, da túa familia, do teu traballo..., ao xeito dos teus compañeiros, pero por Deus, co afán de dar unha imaxe auténtica e atractiva da verdadeira vida cristiá. Con naturalidade, sen extravagancias: asegúrovos que é mellor que pequedes por carta de máis que por carta de menos. Ti, como imaxinas o porte do Noso Señor?, non pensaches con que dignidade levaría a túnica sen costuras, que probablemente terían tecido as mans de Santa María? Non lembras como, na casa de Simón, se lamenta porque non lle ofreceron auga para lavarse, antes de sen-tarse á mesa?25. Certamente El sacou a colación esa falta de urbanidade para realzar con esa anécdota a ensinanza de que nos detalles miúdos se mostra o amor, pero procura tamén deixar claro que se atén aos costumes sociais do ambiente. Polo tanto, ti e mais eu esforzarémonos en estar despegados dos bens e das comodidades da terra, pero sen saídas de ton nin facer cousas raras.

Para min unha manifestación de que nos sentimos señores do mundo, administradores fieis de Deus, e coidar o que usamos, con interese en que se conserve, en que dure, en que luza, en que serva o maior tempo posible para a súa finalidade, de xeito que non se bote a perder. Nos Centros do Opus Dei atoparedes unha decoración sinxela, acolledora e, sobre todo, limpa, porque non hai que confundir unha casa pobre co mal gusto nin coa sucidade. Non obstante, comprendo que ti, de acordo coas túas posibilidades e as túas obrigas sociais, familiares, posúas obxectos de valor e os coides, con espírito de mortificación, con desprendemento.

Notas
25

Cfr. Lc VII, 36-50.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma