126

Rematamos cunha consideración que nos ofrece o Evanxeo da Misa de hoxe: seis días antes da Pascua, veu Xesús a Betania, onde morrera Lázaro, a quen Xesús resucitou. Alí lle prepararon unha cea: servía Marta, e Lázaro era un dos que estaban con El á mesa. Entón María, tomou unha libra de ungüento de nardo puro e de moitos cartos, e verteuno sobre os pés de Xesús, e enxugounos cos seus cabelos, enchéndose a casa do recendo do perfume31. Que proba tan clara de magnanimidade o desbarate de María! Xudas láiase de que se teña botado a perder un perfume que valía —coa súa cobiza, fixo moi ben os seus cálculos— polo menos trescentos denarios32.

O verdadeiro desprendemento leva a ser moi xenerosos con Deus e cos nosos irmáns; a moverse, a buscar recursos, a gastarse para axudar aos que pasan necesidade. Un cristián non se pode conformar cun traballo que lle permita gañar o suficiente para vivir el e os seus: a súa grandeza de corazón impulsarao a arrimar o ombreiro para soster aos demais, por un motivo de caridade, e por un motivo de xustiza, como escribía san Paulo aos de Roma: aMacedonia e a Acaia tiveron a ben facer unha colecta para socorrer aos pobres de entre os santos de Xerusalén. Así lles pareceu, e en verdade téñenlles obrigación. Porque se os xentís foron feitos partícipes dos bens espirituais dos xudeus, deben tamén aqueles facer partícipes a estes dos seus ben temporais33.

Non sexades mesquiños nin rañicas con quen tan xenerosamente se excedeu con nós, ata se entregar totalmente, sen taxa. Pensade: canto vos custa —tamén economicamente— ser cristiáns? Pero, sobre todo, non esquezades que Deus ama ao que dá con alegría. Polo demais, poderoso é o Señor para colmarvos de todo ben, de sorte que, contentos con ter en todas as cousas o suficiente, esteades sobrados para exercitar todo tipo de boas obras34.

Ao achegármonos, durante esta Semana Santa, ás dores de Xesucristo, ímoslle pedir á Santísima Virxe que, coma Ela35, saibamos tamén nós ponderar e conservar todas estas ensinanzas nos nosos corazóns.

Notas
31

Ioh XII, 1-3.

32

Ioh XII, 5.

33

Rom XV, 26-27.

34

2 Cor IX, 7-8.

35

Cfr. Lc II, 19.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma