127
127 Ego sunt via, veritas et vita1, eu son o camiño, a verdade e a vida. Con estas inequívocas palabras, mostrounos o Señor cal é o vieiro auténtico que nos leva á felicidade eterna. Ego sunt via: El é a única senda que enlaza o Ceo coa terra. Declárao a todos os homes, pero especialmente lémbranolo aos que, coma ti e coma min, lle dixemos que estamos decididos a nos tomar en serio a nosa vocación de cristiáns, de xeito que Deus se atope sempre presente nos nosos pensamentos, nos nosos beizos e en todas as nosas accións, tamén naquelas máis ordinarias e correntes.
Xesús é o camiño. El deixou sobre este mundo as pegadas limpas dos seus pasos, sinais indelebles que nin o desgaste dos anos nin a perfidia do inimigo lograron borrar. Iesus Christus heri, et hodie; ipse et in saecula2. Canto me presta lembralo!: Xesucristo, o mesmo que foi onte para os Apóstolos e a xente que o buscaba, vive hoxe para nós, e vivirá polos séculos. So mos os homes os que por veces non acadamos a descubrir o seu rostro, perennemente actual, porque miramos con ollos cansos e turbios. Agora, cando comezamos estes momentos de oración xunta o Sagrario, pídelle, como aquel cego do Evan-xeo: Domine, ut videam! 3, Señor, que vexa!, que a miña intelixencia se encha de luz e penetre a palabra de Cristo na miña mente; que arraigue na miña alma a súa Vida, para que me transforme cara á Gloria eterna.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/127/ (14-12-2025)