136
Interésame que descubrades en toda a súa fondura esta sinxeleza do Mestre, que non fai alarde da súa vida penitente, porque iso mesmo che pide El a ti: cando xaxuedesnon poñades caras tristeiras coma os hipócritas, que desfiguran as súas facianas para mostrar aos homes que están a facer xaxún. En verdade dígovos, que xa recibiron a súa recompensa. Ti, pola contra, cando xaxúes, perfuma a túa cabeza, e lava a túa cara, para que non coñezan os homes que xaxúas, senón unicamente o teu Pai que está presente en todo, aínda no que haxa de máis secreto, e o teu Pai, que ve no secreto, darache por iso o galardón20.
Deste xeito debes exercitarte no espírito de penitencia: cara a Deus e como un fillo, un pequecho que lle demostra ao seu pai canto o ama, renunciando a uns poucos tesouros de escaso valor —un carrete, un soldado descabezado, unha chapa de botella—; cústalle dar ese paso, con todo, ao final pode máis o agarimo, e estende satisfeito a man.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/136/ (14-12-2025)