137
Permitídeme que vos remache unha e outra vez o camiño que Deus espera que percorra cada un, cando nos chama a servilo no medio do mundo, para santificar e santificarnos por medio das ocupacións ordinarias. Cun sentido común colosal, cheo á vez de fe, predicaba san Paulo que na lei de Moisés está escrito: non lle poñas o bozo ao boi que malla21. E pregúntase: será acaso que Deus se preocupa dos bois? Ou, pola contra, non di isto sobre todo por nós? De certo, por nós escribíronse estas cousas; porque a esperanza fai arar ao que ara, e o que malla faino coa ilusión de percibir o froito22.
Nunca se reduciu a vida cristiá a un tramado atafegante de obrigas, que deixa a alma sometida a unha tensión exasperada; axéitase ás circunstancias individuais como a luva á man, e pide que no exercicio das nosas tarefas habituais, nas grandes e nas pequenas, coa oración e a mortificación, non perdamos xamais o punto de mira sobrenatural. Pensade que Deus ama apaixonadamente as súas criaturas, e, ¿como traballará o burro se non se lle dá de comer, nin dispón dun tempo para restau-rar as forzas, ou se quebrántase o seu vigor con excesivos paus? O teu corpo é como un burro —un burro foi o trono de Deus en Xerusalén— que te leva ao lombo polas vereas divinas da terra: hai que dominalo para que non se afaste das sendas de Deus, e animalo para que o seu trote sexa todo o alegre e brioso que cabe esperar dun asno.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/137/ (14-12-2025)