16
16 Cazádenos as raposas, as raposas pequenas, que estragan a viña, as nosas viñas en flor21. Fieis no pequeno, moi fieis no pequeno. Se nos procuramos esforzar deste xeito, aprenderemos tamén a acudir con confianza ao colo de Santa María, como fillos seus. Non vos lembraba ao principio que todos nós temos moi poucos anos, tantos como levamos decididos a tratar a Deus con intimidade? Pois é razoable que a nosa miseria e a nosa pouquidade se acheguen á grandeza e á pureza santa da Nai de Deus, que é tamén Nai nosa.
Pódovos contar outra anécdota real, porque van transcorridos xa tantos anos, tantísimos anos desde que sucedeu; e porque vos axudará a pensar, polo contraste e a crueza das expresións. Achábame dirixindo un curso de retiro para sacerdotes de diversas dioceses. Eu buscábaos con afecto e con interese, para que viñesen falar, e desafogar a súa conciencia, porque tamén os sacerdotes necesitamos do consello e da axuda dun irmán. Empecei a charlar con un, algo brutiño, pero moi nobre e sincero; tiráballe un pouco da lingua, con delicadeza e con claridade, para estiñar calquera ferida que estivese ala dentro, no seu corazón. Nun determinado momento, interrompeume, máis ou menos con estas palabras: eu teño una envexa moi grande da miña burra; estivo prestando servizos parroquiais en sete curatos, e non hai nada que dicir dela. Ai se eu tivera feito o mesmo!
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/16/ (14-12-2025)