17

Quizais —examínate a fondo!— tampouco merezamos nós a loanza que ese curiña de aldea cantaba da súa burra. Temos traballado tanto, temos ocupado tales postos de responsabilidade, temos triunfado nesta e naquela tarefa humana..., pero, na presenza de Deus, non atopas nada do que non te debas lamentar? Intentaches de verdade servir a Deus e aos teus irmáns os homes, ou fomentaches o teu egoísmo, a túa gloria persoal, as túas ambicións, e teu éxito exclusivamente terreo e penosamente caduco?

Se vos falo un pouco descaradamente, é porque eu quero facer unha vez máis un acto de contrición moi sincero, e porque quixera que cada un de vós tamén pedise perdón. Á vista das nosas infidelidades, á vista de tantas equivocacións, de fraquezas, de covardías —cada quen as súas—, repitamos de corazón ao Señor aquelas contritas exclamacións de Pedro: Domine, tu omnia nosti, tuscis quia amo te! 22; Señor!, Ti sábelo todo, Ti sabes que te amo, a pesar das miñas miserias! E atré-vome a engadir: Ti coñeces que te amo, precisamente polas miñas miserias, pois me levan a apoiarme máis en Ti, que es a miña fortaleza: quia Tu es, fortitudo mea23. E desde aí, volvamos comezar.

Notas
22

Ioh XXI, 17.

23

Ps XLII, 2.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma