190

Óese dicir ás veces que hoxe son menos frecuente os milagres. Non será que son menos as almas que viven vida de fe? Deus non pode faltar á súa promesa: pídeme e farei das xentes a túa herdade, dareiche en posesión os confíns da terra1. Noso Señor é a Verdade, o fundamento de todo o que existe, nada se cumpre sen o seu querer omnipotente.

Como era nun principio e agora e sempre, e polos séculos dos séculos2. O Señor non cambia; non se necesita mover para ir tras as cousas que non teña; é todo o movemento, e toda a beleza e toda a grandeza. Hoxe como antes. Pasarán os ceos como fume, envellecerá como un vestido a terra (...) Mais a miña salvación durará pola eternidade e a miña xustiza durará por sempre3.

Deus estableceu en Xesucristo unha nova e eterna alianza cos homes. Puxo a súa omnipotencia ao servizo da nosa salvación. Cando as criaturas desconfían, cando tremen por falta de fe, oímos de novo a Isaías que anuncia no nome do Señor: acaso cortouse o meu brazo para salvar ou xa non me queda forza para librar? Con só a miña ameaza, seco o mar e volvo en deserto os ríos, ata perecer os seus peixes por falta de auga e morrer de sede os viventes. Eu revisto os ceos dun veo de sombras e os cubro como de saco4.

Notas
1

Ps II, 8.

2

Doxoloxía Gloria Patri...

3

Is LI, 6.

4

Is L, 2-3.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma