191

A fe é virtude sobrenatural que dispón a nosa intelixencia a asentir ás verdades reveladas, a responder que si a Cristo, que nos deu a coñecer plenamente o designio salvador da Trindade Beatísima. Deus, que noutro tempo falou aos nosos pais en diferentes ocasións e de moitas maneiras polos profetas, falounos ultimamente nestes días, por medio do seu Fillo, a quen constituíu herdeiro de todo, por quen criou tamén os séculos. O cal, sendo como o resplandor da súa gloria, vivo retrato da súa substancia, e sustentándoo todo coa súa poderosa palabra, despois de ternos purificado dos nosos pecados, está sentado á destra da Maxestade no máis alto dos ceos5.

Notas
5

Hebr I, 1-3.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma