192

A carón da piscina de Siloé

Eu querería que fose Xesús quen nos falase de vida de fe, quen nos dese leccións de fe. Por iso abriremos o Novo Testamento, e viviremos con El algunhas pasaxes da súa vida. Porque non desdeñou aprenderlles aos seus discípulos, pouco a pouco, para que se entregasen con confianza ao cumprimento da Vontade do Pai. Adoutrínaos con palabras e con obras.

Mirade o capítulo noveno de san Xoán. Ao pasar viu Xesús a un home cego de nacemento. E os seus discípulos preguntáronlle: Mestre, que pecados son a causa de que este nacera cego, os seus ou os dos seus pais?6. Estes homes, a pesar de estar tan preto de Cristo, pensan mal daquel pobre cego. Para que non vos estrañe se, no rodar da vida, cando servides á Igrexa, atopades discípulos do Señor que se comportan de xeito semellante con vós ou con outros. Non vos importe e, como o cego, non fagades caso: abandonádevos de verdade nas mans de Cristo; El non ataca, perdoa; non condena, absolve; non observa con desapego a enfermidade, senón que aplica o remedio con dilixencia divina.

Notas
6

Ioh IX, 1-2.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma