194
Temos que adquirir a medida divina das cousas, non perdendo nunca o punto de mira sobrenatural, e contando con que Xesús se vale tamén das nosas miserias, para que resplan-deza a súa gloria. Por iso cando sintades rebulir na vosa conciencia o amor propio, o cansazo, o desánimo, o peso das paixóns, reaccionade axiña e escoitade ao Mestre, sen vos asustar ademais ante a triste realidade do que cada quen somos; porque, mentres vivamos, nos acompañaran sempre as debilidades persoais.
Este é o camiño do cristián. Resulta necesario invocar sen descanso, cunha fe rexa e humilde: Señor!, non te fíes de min. Eu si que me fío de Ti. E ao barruntar na nosa alma o amor, a compaixón, a tenrura con que Cristo nos mira, porque El non nos abandona, comprenderemos en toda a súa fondura as palabras do Apóstolo: virtus in infirmitate perficitur9; con fe no Señor, a pesar das nosas miserias —mellor coas nosas miserias—, seremos fieis ao noso Pai Deus: brillará o poder divino, sosténdonos no medio da nosa fraqueza.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/194/ (14-12-2025)