197
Fe con obras
E inmediatamente comeza un diálogo divino, un diálogo de marabilla, que conmove, que acende, porque ti e mais eu somos agora Bartimeu. Abre Cristo a boca divina e pregunta: quid tibi vis faciam?, que queres que che conceda? E o cego: Mestre, que vexa16. Que cousa máis lóxica! E ti, ves? Non che sucedeu, nalgunha ocasión o mesmo que a este cego de Xericó? Eu non podo deixar de lembrar que, ao meditar esta pasaxe moitos anos atrás, ao comprobar que Xesús esperaba algo de min —algo que eu non sabía o que era!—, fixen as miñas xaculatorias. Señor, que queres?, que me pides? Presentía que me buscaba para algo novo e o Rabboni, ut videam —Mestre, que vexa— moveume a suplicar a Cristo, nunha continua oración: Señor, que iso que Ti queres, se cumpra.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/197/ (14-12-2025)