198
Rezade comigo ao Señor: doce me facere voluntatem tuam, quia Deus meus es tu17, apréndeme a cumprir a túa Vontade, porque Ti es o meu Deus. Nunha palabra, que abrolle dos nosos beizos o afán sincero de corresponder, con desexo eficaz, ás invitacións do noso Creador, procurando seguir os seus designios cunha fe inquebrantable, co convencemento de que El non pode fallar.
Amada deste xeito a Vontade divina, entenderemos que o valor da fe non está só na claridade coa que se expón, senón na resolución para defendela con obras: e actuaremos en consecuencia.
Mais volvamos á escena que se desenvolve a saída de Xericó. Agora es ti, a quen lle fala Cristo. Diche: que queres de Min? Que vexa, Señor, que vexa! E Xesús: anda, que a túa fe te salvou. E inmediatamente viu e íao seguindo polo camiño18. Seguilo no camiño. Ti coñeciches o que o Señor te propoñía, e decidiches acompañalo no camiño. Ti intentas pisar sobre as súas pegadas, vestirte da vestidura de Cristo, ser o mesmo Cristo: pois a túa fe, fe nesa luz que o Señor che vai dando, ten que ser operativa e sacrificada. Non te fagas ilusións, non penses en descubrir modos novos. A fe que El nos reclama é así: temos que andar ao seu ritmo con obras cheas de xenerosidade, arrincando e soltando o que estorba.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/198/ (14-12-2025)