205

Hai xa bastantes anos, cun convencemento que medraba de día en día, escribín: espérao todo de Xesús: ti non tes nada, non vales nada, non podes nada. El obrará, se nel te abandonas1. Pasou tempo, e aquela convicción miña fíxose máis robusta, máis fonda. Vin, en moitas vidas, que a esperanza en Deus acende marabillosas fogueiras de amor, cun lume que mantén latexante o corazón, sen desánimos, sen decaementos, aínda que ao longo do camiño se sufra, e ás veces súfrase de veras.

Mentres lía o texto da Epístola da Misa, conmovinme, e imaxino que vos sucedeu a vós outro tanto. Comprendía que Deus nos axudaba, coas palabras do Apóstolo, a contemplar o urdido divino das tres virtudes teologais, que compoñen á armazón sobre a que se tece a auténtica existencia do home cristián, da muller cristiá.

Oíde de novo a san Paulo: xustificados pola fe, manteñamos a paz con Deus, mediante o Noso Señor Xesucristo, por quen, en virtude da fe, temos cabida nesta graza, na que permanecemos firmes e gloriámonos coa esperanza da gloria dos fillos de Deus. Mais non nos gloriamos só nisto; gozámonos tamén nas tribulacións, sabendo que a tribulación exercita a paciencia, a paciencia serve á proba, e a proba á esperanza; esperanza que non defrauda, porque a caridade de Deus foi espallada nos nosos corazóns por medio do Espírito Santo2.

Notas
1

Consideraciones espirituales. Cuenca 1934, p. 67.

2

Rom V, 1-5.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma