206

Aquí, na presenza de Deus, que nos preside desde o Sagrario —como fortalece esta proximidade real de Xesús!—, imos meditar hoxe acerca deste suave don de Deus, a esperanza, que colma as nosas almas de ledicia, spe gaudentes3, gozosos, —porque se somos fieis— agárdanos o Amor infinito.

Non esquezamos xamais que para todos —para cada un de nós, polo tanto— só hai dous modos de estar na terra: vívese vida divina, loitando para agradar a Deus; ou se vive vida animal, máis ou menos humanamente ilustrada, cando se prescinde del. Nunca lles outorguei demasiado peso aos santóns que alardean de non ser crentes: quéroos moi de veras como a todos os homes, os meus irmáns; admiro a súa boa vontade, que en determinados aspectos se pode mostrar heroica, pero compadézoos, porque teñen a enorme desgraza de que lles fal-ta a luz e a calor de Deus, e a inefable ledicia da esperanza teologal.

Un cristián sincero, coherente coa súa fe, non actúa máis que cara a Deus, con visión sobrenatural; traballa neste mun-do, ao que ama apaixonadamente, metido nos afáns da terra, coa mirada no Ceo. Confírmanolo san Paulo: quae sursum sunt quaerite; buscade as cousas dearriba, onde Cristo está sentado á destra de Deus; saboreade as cousas do Ceo, non as da terra. Porque mortos estades xa –ao que é mundano, polo Bautismo–, e a vosa vida está escondida con Cristo en Deus4.

Notas
3

Rom XII, 12.

4

Col III, 1-3.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma