209

En que esperar

Poida que máis dun se pregunte: os cristiáns, en que debemos esperar?, porque o mundo nos ofrece moitos bens, ape-tecibles para este corazón noso, que reclama felicidade e persegue con ansias o amor. Ademais, queremos sementar a paz e a alegría a mans cheas, non nos quedamos satisfeitos co logro dunha prosperidade persoal, e procuramos que estean contentos todos os que nos arrodean.

Por desgraza, algúns, cunha visión digna pero chata, con ideais exclusivamente caducos e fugaces, esquecen que os anhelos do cristián se deben orientar cara os cumes máis elevados: infinitos. Interésanos o Amor mesmo de Deus, gozalo plenamente, cun gozo sen fin. Temos comprobado, de tantos xeitos, que o de aquí abaixo pasará para todos, cando este mundo acabe: e xa antes, para cada un, coa morte, porque non acompañan as riquezas nin os honores ao sepulcro. Por iso, coas ás da esperanza, que anima os nosos corazóns a levantarse ata Deus, temos aprendido a rezar: in te Domine speravi, non confundar in aeternum8, espero en Ti, Señor, para que me dirixas coas túas mans agora e en todo momento, polos séculos dos séculos.

Notas
8

Ps XXX, 2.

Este punto noutro idioma