21

Na barca de Cristo

Como ao Noso Señor, a min tamén me gusta moito charlar de barcas e redes, para que todos saquemos desas escenas evanxélicas propósitos firmes e determinados. Cóntanos san Lucas que uns pescadores lavaban e remendaban as súas redes na beira do lago de Xenesaret. Xesús achégase a aquelas naves ancoradas na ribeira e sube a unha, a de Simón. Con que naturalidade se mete o Mestre na barca de cada un de nós!: para complicarnos a vida, como se repite por aí en ton de queixa. Con vós e comigo cruzouse o Señor no noso camiño, para complicarnos a existencia delicadamente, agarimosamente.

Logo de predicar desde a barca de Pedro, diríxese aos pescadores: duc in altum, et laxate retiavestra in capturam! 25, vogade mar a dentro, e botade as vosas redes! Fiados na palabra de Cristo, obedecen, e obteñen aquela pesca prodixiosa. E mirando a Pedro, que como Santiago e Xoán, non saía do seu asombro, o Señor explícalle: non tes que temer, de hoxe en diante serán homes os que has pescar. E eles, sacando as barcas á terra, deixadas todas as cousa, seguírono26.

A túa barca —os teus talentos, as túas aspiracións, os teus logros— non vale para nada, a non ser que a deixes a disposición de Xesucristo, que permitas que El poida entrar aí con liberdade, que non a convertas nun ídolo. Ti só, coa túa barca, se prescindes do Mestre, sobrenaturalmente falando, marchas dereito cara o naufraxio. Unicamente se admites, se buscas, a presenza e o goberno do Señor, estarás a salvo das tempestades e dos reveses da vida. Pon todo nas mans de Deus: que os teus pensamentos, as boas aventuras da túa imaxinación, as túas ambicións humanas nobres, os teus amores limpos, pasen polo corazón de Cristo. Doutro xeito, máis tarde ou máis cedo, iranse a pique co teu egoísmo.

Notas
25

Lc V, 4.

26

Lc V, 10-11.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma