213
Por veces, cando todo nos sae ao revés de como imaxinabamos, vennos espontaneamente aos beizos: Señor que se me afunde todo, todo, todo...! Chegou a hora de rectificar: eu, contigo, avanzarei seguro, porque Ti es a miña fortaleza: quia tu es, Deus, fortitudo mea16.
Rogueiche que, no medio das ocupacións, procures alzar os ollos ao Ceo con perseveranza, porque a esperanza nos impulsa a aferrarnos a esa man forte que Deus nos tende sen cesar, co fin de que non perdamos o punto de mira sobrenatural; tamén cando as paixóns se levantan e nos acometen para aferrollarnos no reduto mesquiño do noso eu, ou cando —con vaidade pueril— sentímonos o centro do universo. Eu vivo persuadido de que, sen mirar cara arriba, sen Xesús, xamais acadarei nada; e sei que a miña fortaleza, para vencerme e para vencer, nace de repetir aquel berro: todo o podo en Aquel que me conforta17, que recolle a promesa segura de Deus de non abandonar aos seus fillos, se os seus fillos non o abandonan.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/213/ (14-12-2025)