226

O principal apostolado que os cristiáns temos que realizar no mundo, o mellor testemuño de fe, é contribuír a que dentro da Igrexa se respire o clima da auténtica caridade. Cando non nos amamos de verdade, cando hai ataques, calumnias e tirapuxas, quen se sentirá atraído polos que sosteñen que predican a Boa Nova do Evanxeo?

Resulta moi fácil, moi á moda, afirmar coa boca que se ama a todas as criaturas, crentes e non crentes. Mais se o que así fala maltrata os irmáns na fe, dubido de que na súa conduta exista algo distinto dunha parolada hipócrita. Pola contra, cando amamos no Corazón de Cristo aos que «somos fillos dun mesmo Pai, estamos asociados nunha mesma fe e somos herdeiros dunha mesma esperanza»13, a nosa alma engrandécese e arde co afán de que todos se acheguen ao Noso Señor.

Estouvos lembrando as esixencias da caridade, e poida que alguén opinará que falta precisamente esa virtude nas palabras que remato de pronunciar. Nada máis oposto á realidade. Pó dovos asegurar que, con santo orgullo e sen falsos ecumenismos, enchinme de gozo cando no pasado Concilio Vaticano II tomaba corpo con renovada intensidade esa preocupación por levar a Verdade aos que andan afastados do único Camiño, do de Xesús, xa que devezo coa fame de que se salve a humanidade enteira.

Notas
13

Minucio Félix, Octavius, 31 (PL 3, 338).

Este punto noutro idioma