229

A caridade non a construímos nós; invádenos coa graza de Deus: porque El nos amou primeiro17. Cómpre que nos empapemos ben desta verdade fermosísima: «se podemos amar a Deus, é porque fomos amados por Deus»18. Ti e mais eu estamos en condicións de desbaldir agarimo cos que nos arrodean, porque nacemos á fe, polo amor do Pai. Pedide con ousadía ao Señor este tesouro, esta virtude sobrenatural da caridade, para exercitala ata no último detalle.

Con frecuencia, os cristiáns non sabemos corresponder a  este don; por veces rebaixámolo, de xeito que se limitase a unha esmola, sen alma, fría; ou o reducimos a unha conduta de beneficencia máis ou menos de fórmulas. Expresaba ben esta aberración a resignada queixa dunha enferma: aquí me tratan con caridade, pero a miña nai coidábame con agarimo. O amor que nace do corazón de Cristo non pode dar lugar a esa clase de distincións.

Para que se vos metese ben no maxín esta verdade, dunha forma gráfica, prediquei en milleiros de ocasións que nós non posuímos un corazón para amar a Deus, e outro para querer ás criaturas: este pobre corazón noso, de carne, quere cun agarimo humano que, se está unido ao amor de Cristo, é tamén sobrenatural. Esa, e non outra, é a caridade que temos que cultivar na alma, a que nos levará a descubrir nos demais a imaxe do Noso Señor.

Notas
17

1 Ioh IV, 10.

18

Oríxenes, Commentarii in Epistolam ad Romanos, 4, 9 (PG 14, 997).

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma