242
Nos Feitos dos Apóstolos narrase unha escena que a min me engaiola, porque recolle un exemplo claro, actual sempre: perseveraban todos na ensinanza dos Apóstolos, e na comunicación da fracción do pan, e na oración11. É unha anotación insistente no relato da vida dos primeiros seguidores de Cristo: todos, animados dun mesmo espírito, perseveraban xuntos en oración12. E cando Pedro é apresado por predicar audazmente a verdade, deciden rezar. A Igrexa incesantemente elevaba a súa petición por el 13.
A oración era daquela, coma hoxe, a única arma, o medio máis poderoso para vender nas batallas da loita interior: hai entre vós alguén que está triste? Que se recolla en oración14. E san Paulo resume: orade sen interrupción15, non vos cansedes nunca de implorar.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/242/ (14-12-2025)