248
Oracións vocais e oración mental
Neste entretecido, neste actuar da fe cristiá engárzanse, como xoias, as oracións vocais. Son fórmulas divinas: Noso Pai..., Deus te salve, María..., Gloria ao Pai, e ao Fillo e ao Espírito Santo. Esa coroa de loanzas a Deus e a Nosa Nai que é o Santo Rosario, e tantas, tantas aclamacións cheas de piedade que os nosos irmáns cristiáns recitaron desde o principio.
Santo Agostiño, comentando un versículo do Salmo 85 — Señor, ten piedade de min, porque todo o día clamei a ti, non un día só—, escribe: «por todo o día entende todo o tempo, sen cesar... Un só home chega ata a fin do mundo; pois claman os idénticos membros de Cristo, algúns xa descansan nel, outros invócano actualmente e outros implorarán cando nós teñamos morto, e despois deles seguirán outros suplicando»23. Non vos emociona a posibilidade de participar nesta homenaxe ao Creador, que se perpetúa nos séculos? Que grande é o home, cando se recoñece criatura predilecta de Deus e acode a El, tota die, en cada instante da súa peregrinación terrea!
Santo Agostiño, Enarrationes in Psalmos, 85, 5 (PL 37, 1085).
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/248/ (14-12-2025)