250
Mirade que o Señor suspira por nos conducir a pasos marabillosos, divinos e humanos, que se traducen nunha abnegación feliz, de ledicia con dor, de esquecemento de si mesmo. Se alguén quere vir após de min, néguese a si mesmo24. Un consello que escoitamos todos. Temos que nos decidir a seguilo de verdade: que o Señor se poida servir de nós para que, me-tidos en todas as encrucilladas do mundo —estando nós metidos en Deus—, sexamos sal, lévedo, luz. Ti, en Deus, para alumar, para dar sabor, para acrecentar, para fermentar.
Pero non me esquezades que non creamos nós esa luz: unicamente a reflectimos. Non somos nós os que salvamos ás almas, empuxándoas a obrar o ben: somos tan só un instrumento, máis ou menos digno, para os designios salvadores de Deus. Se algunha vez pensásemos que o ben que facemos é obra nosa, volvería a soberbia, aínda máis retorcida; o sal per dería o sabor, o lévedo podrecería, a luz converteríase en tebras.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/250/ (14-12-2025)