251
Un personaxe máis
Cando, nestes trinta anos de sacerdocio, insistín tenazmente na necesidade da oración, na posibilidade de converter a existencia nun clamor incesante, algunha persoas preguntáronme: pero, é posible conducirse sempre así? Éo. Esa unión co Noso Señor non nos arreda do mundo, non nos transforma en seres estraños, alleos ao decorrer dos tempos.
Se Deus nos creou, se nos redimiu, se nos ama ata o pun-to de entregar por nós o seu Fillo unixénito25, se nos espera — cada día!— como esperaba aquel pai da parábola o seu fillo pródigo26, como non vai desexar que o tratemos agarimosamente? Estraño sería non falar con Deus, arredarse del, esquecelo, desenvolverse en actividades alleas a eses toques ininterrompidos da graza.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/251/ (14-12-2025)