257

O lévedo e a masa

Nós queremos seguir ao Señor e difundir a súa Palabra. Humanamente falando é lóxico que nos preguntemos tamén: pero, que somos, para tanta xente? En comparación co número de habitantes da terra, aínda que nos contemos por millóns, somos poucos. Por iso, témonos que ver como un pequeno lévedo que está preparado e disposto para facer o ben á humanidade enteira, lembrando as palabras do Apóstolo: un pouco delévedo fermenta toda a masa6, transfórmaa. Necesitamos aprender a ser ese fermento, ese lévedo, para modificar e transformar á multitude.

Seica o fermento é naturalmente mellor cá masa? Non. Pero o lévedo é o medio para que a masa se elabore, converténdose en alimento comestible e san.

Pensade, aínda que sexa a grandes trazos, na acción eficaz do lévedo, que serve para confeccionar o pan, sustento base, sinxelo, ao alcance de todos. En tantos lugares —quizais o tedes presenciado— a preparación da fornada é unha verdadeira cerimonia, que obtén un produto estupendo, saboroso, que entra polos ollos.

Escollen boa fariña; se poden, a da mellor clase. Traballan a masa na artesa, para mesturala co lévedo nun longo e paciente labor. Despois, un tempo de repouso, imprescindible para que o lévedo complete a súa misión, inchando a pasta.

Namentres, arde o fogo do forno, animado pola leña que se consume. E esa masa metida á calor do lume, proporciona ese pan tenro, esponxoso, de grande calidade. Un resultado imposible de acadar sen a intervención do lévedo —pouca cantidade—, que se diluíu, desaparecendo entre os demais elementos nun labor eficiente, que pasa inadvertido.

Notas
6

1 Cor V, 6.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma