259

Faenas de pesca

259 Velaquí, promete o Señor, que eu enviarei moitos pescadores e  pescarei eses peixes8. Así concrétanos o grande labor: pescar. Fálase e escríbese ás veces sobre o mundo, comparándoo a un mar. E hai verdade nesa comparación. Na vida humana, coma no mar, existen períodos de calma e de borrasca, de tranquilidade e de ventos fortes. Con frecuencia as criaturas están nadando en augas amargas, no medio de ondas grandes; camiñan entre treboadas, nunha triste carreira, aínda cando parece que teñen alegría, aínda cando producen moito ruído: son gargalladas que queren encubrir o seu desalento, o seu desgusto, a súa vida sen caridade e sen comprensión. Devóranse os uns aos outros, os homes coma os peixes.

É tarefa dos fillos de Deus lograr que todos os homes entren —en liberdade— dentro da rede divina, para que se amen. Se somos cristiáns temos que nos converter neses pescadores que describe o profeta Xeremías, cunha metáfora que empregou tamén repetidamente Xesucristo: seguídeme, e eu farei que veñades ser pescadores dehomes9, dilles a Pedro e a Andrés.

Notas
8

Ier XVI, 16.

9

Mt IV, 19.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma