264

Apostolado na vida ordinaria

Vexamos agora aqueloutra pesca, despois da Paixón e Morte de Xesucristo. Pedro negou tres veces o Mestre e chorou con humilde dor; o galo co seu canto lembroulle as advertencias do Señor, e pediu perdón desde o fondo da súa alma. Namentres espera contrito, na promesa da Resurrección, exercita o seu oficio, e vai pescar. «A propósito desta pesca, pregúntasenos con frecuencia por que Pedro e os fillos do Zebedeo volveron ao quefacer que tiñan antes de que o Señor os chamase. Eran, en efecto pecadores cando Xesús lles dixo: seguídeme, e fareivos pescadores de homes. A aqueles que se sorprenden desta conduta, débeselle responder que non lles estaba prohibido aos Apóstolos exercer a súa profesión, tratándose de cousa lexítima e honesta»24.

O apostolado, esas arelas que proen as entrañas do cristián corrente, non é algo diverso da tarefa de todos os días: confúndese con ese mesmo traballo, convertido en ocasión de encontro persoal con Cristo. Nese labor, ao esforzármonos cóbado con cóbado nos mesmos afáns cos nosos compañeiros, cos nosos amigos, cos nosos parentes, poderemos axudalos a chegar a Cristo, que nos espera na beira do lago. Antes de ser apóstolo, pescador. Despois de apóstolo, pescador. A mesma profesión que antes, despois.

Notas
24

Santo Agostiño, In Ioannis Evangelium tractatus, 122, 2 (PL 35, 1959).

Este punto noutro idioma