265
Que cambia entón? Cambia que na alma —porque nela entrou Cristo, como subiu á barca de Pedro— preséntanse horizontes máis amplos, mais ambición de servizo, e un desexo irreprimible de anunciar a todas as criaturas as magnalia Dei 25, as cousas marabillosas que fai o Señor, se lle deixamos facer. Non podo silenciar que, o traballo —por dicilo así— profesional dos sacerdotes é un ministerio divino e público, que abraza con exixencia toda a actividade ata tal punto que, en xeral, se a un sacerdote lle sobra tempo para outro labor que non sexa propiamente sacerdotal, pode estar seguro de que non cumpre o deber do seu ministerio.
Achábanse xuntos Simón Pedro, chamado Dídimo, e Natanael, que era de Caná de Galilea, e os fillos do Zebedeo, e outros dous dos seus discípulos. Dilles Simón Pedro: vou pescar. Eles responderon: imos nós tamén contigo. Foron, pois, e entraron na barca; e aquela noite non colleron nada. Chegada a mañá, apareceu Xesús na ribeira26.
Pasa a carón dos seus Apóstolos, onda esas almas que se entregaron a El: e eles non se decatan. Cantas veces está Cristo, non preto de nós, senón en nós; e vivimos unha vida tan humana! Cristo está veciño, e non se leva unha mirada de agarimo, unha palabra de amor, unha obra de celo dos seus fillos.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/265/ (14-12-2025)