266
266 Os discípulos —escribe san Xoán— non coñeceron que fose El. E Xesús preguntoulles: rapaces, tedes algo que comer? 27. Esta escena familiar de Cristo, a min, faime gozar. Que diga isto Xesucristo, Deus! El, que xa ten corpo glorioso! Botade arede á dereita e encontraredes. Botaron a rede e xa non podían sacala pola multitudede peixes que había28. Agora entenden. Volve á cabeza daqueles discípulos o que, en tantas ocasións, escoitaron dos beizos do Mestre: pescadores de homes, apóstolos. E comprenden que todo é posible, porque El é quen dirixe a pesca.
Entón, o discípulo aquel que Xesús amaba diríxese a Pedro: é o Señor29. O amor, o amor óllao de lonxe. O amor é o primeiro que capta esas delicadezas. Aquel Apóstolo novo, co firme agarimo que sente cara Xesús, porque quería a Cristo con toda a pureza e toda a tenrura dun corazón que non estivo corrompido nunca, exclamou: é o Señor!
Simón Pedro apenas oíu é o Señor, vestiuse a túnica e botouse ao mar30. Pedro é a fe. E lánzase ao mar, cheo dunha audacia de marabilla. Co amor de Xoán e a fe de Pedro, ata onde chegaremos nós?
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/266/ (14-12-2025)