267
As almas son de Deus
267 Os demais discípulos viñeron na barca, tirando da rede repleta de peixes, pois nonestaban lonxe de terra, senón como a uns douscentos cóbados31. Axiña poñen a pesca aos pés do Señor, porque é súa. Para que aprendamos que as almas son de Deus, que ninguén nesta terra pode atribuírse esa propiedade, que o apostolado da Igrexa —o seu anuncio e a súa realidade de salvación— non se basea no prestixio dunhas persoas, senón na graza divina.
Xesucristo interroga a Pedro, tres veces, coma se quixese darlle unha repetida posibilidade de reparar a tripla negación. Pedro xa aprendeu, escarmentado na súa propia miseria: está fondamente convencido de que sobran aqueles temerarios alardes, consciente da súa debilidade. Por iso pono todo nas mans de Cristo. Señor, tisabes que te amo. Señor, ti sábelo todo, ti sabes que te amo32. E que responde Cristo? Apacenta os meus años, apacenta as miñas ovellas33. Non as túas, non as vosas: as miñas! Porque El creou o home, El redimiuno, El mercou cada alma, unha a unha, ao prezo —repítoo— do seu Sangue.
Cando os donatistas, no século V, organizaban os seus ataques contra os católicos, defendían a imposibilidade de que o bispo de Hipona, Agostiño, profesase a verdade, porque fora un grande pecador. E santo Agostiño suxería: «Agostiño é bispo na Igrexa Católica; el leva a súa carga, da que ha dar conta a Deus. Coñecino entre os bos. Se é malo, el sábeo; se é bo, nin sequera nel depositei a miña esperanza. Porque o primeiro que aprendín na Igrexa Católica é a non pór a miña esperanza nun home»34.
Non facemos o noso apostolado. Nese caso, que poderiamos dicir? Facemos —porque Deus o quere, porque así nolo mandou: ide por todo o mundo e predicade oEvanxeo35— o apostolado de Cristo. Os erros son nosos; os froitos do Señor.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/267/ (14-12-2025)