270

Admirade tamén o comportamento de san Paulo. Prisioneiro por divulgar o ensino de Cristo, non desaproveita ningunha ocasión para difundir o Evanxeo. Ante Festo e Agripa, non dubida en declarar: axudado do auxilio de Deus, perseverei ata o día de hoxe, testificando a verdade a grandes e pequenos, non predicando outra ensinanza que aquela que Moisés e os profetas predixeron que ía suceder: que Cristo tería que padecer, e que sería o primeiro que resucitaríade entre os mortos, e ía mostrar a súaluz a este pobo e aos xentís38.

O apóstolo non cala, non esconde a súa fe, nin a súa propaganda apostólica que motivara o odio dos seus perseguidores: segue anunciando a salvación a todas as xentes. E, cunha audacia marabillosa, encárase con Agripa: cres ti nos profetas? Eu sei que cres neles?39. Cando Agripa comenta: pouco falta para que me persuadas de facerme cristián, contestou Paulo: queira Deus, como desexo, que non só faltase pouco, senón que non faltase nada, para que ti e todos cantos me escoitan chegasen hoxe a ser tales cal son eu, salvo nestas cadeas40.

Notas
38

Act XXVI, 22-23.

39

Act XXVI, 27.

40

Act XXVI, 28-29.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma