271
De onde sacaba san Paulo esta forza? Omnia possum in eo qui me confortat! 41, pódoo todo, porque só Deus me dá esta fe, esta esperanza, esta caridade. Resúltame moi difícil crer na eficacia sobrenatural dun apostolado que non estea apoiado, centrado solidamente, nunha vida de continuo trato co Señor. No medio do traballo, si; en plena casa, ou na metade da rúa, con todos os problemas que xorden acotío, uns máis importantes ca outros. Alí, non fóra de alí, pero co corazón en Deus. E daquela as nosas palabras, as nosas accións —ata as nosas miserias!— desprenderán ese bonus odor Christi42, o bo olor de Cristo, que os demais homes necesariamente advertirán: velaquí un cristián.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/271/ (14-12-2025)