272
Se admitises a tentación de te preguntar, quen me manda a min meterme nisto?, tería que che contestar, mándacho Deus —pídecho— o mesmo Cristo. A colleita é moita pero os xornaleiros son poucos; rogade, pois, ao dono da colleita que envíe xornaleiros a súacolleita43. Non conclúas comodamente: eu para isto non sirvo, para isto xa hai outros; esas tarefas resúltanme estrañas. Non, para isto, non hai outros; se ti puideses dicir iso, todos poderían dicir o mesmo. O rogo de Cristo diríxese a todos e a cada un dos cristiáns. Ninguén está dispensado: nin por razóns de idade, nin de saúde, nin de ocupación. Non existen escusas de ningún xénero. Ou producimos froitos de apostolado, ou a nosa fe será estéril.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/272/ (14-12-2025)