273

Ademais: quen dispuxo que para falar de Cristo, para difundir a súa doutrina, sexa preciso facer cousas raras, estrañas? Vive a túa vida ordinaria; traballa onde estas, procurando cumprir os deberes do teu estado, acabar ben o labor da túa profesión ou do teu oficio, acrecentándote, mellorando cada xornada. Sé leal, comprensivo cos demais e esixente contigo mesmo. Sé mortificado e alegre. Ese será o teu apostolado. E, sen que ti encontres motivos, pola túa pobre miseria, os que che arrodean virán a ti, e nunha conversa, natural, sinxela — na saída do traballo, nunha xuntanza de familia, no autobús, nun paseo, en calquera parte—, charlaredes de inquedanzas que están na alma de todos, aínda que por veces algúns non se queiran decatar: iranas entendendo máis cando comecen a buscar de verdade a Deus.

Pídelle a María, Regina apostolorum, que te decidas a ser partícipe deses desexos de sementeira e de pesca, que latexan no Corazón do seu Fillo. Asegúroche que, se comezas, verás, coma os pescadores de Galilea, repleta a barca. E a Cristo na ribeira, que te espera. Porque a pesca é súa.

Este punto noutro idioma