280

Meditemos frecuentemente todo o que temos oído da Nosa Nai, nunha oración acougada e tranquila. E, como pouso, irase gravando na nosa alma ese compendio, para acudir sen vacilar a Ela, especialmente cando non temos outra agarradoira. Non é isto interese persoal, pola nosa banda? Seica si. Mais, acaso as nais ignoran que os fillos somos de ordina-rio un pouco interesados, e que a miúdo nos diriximos a elas como ao derradeiro remedio? Están convencidas e non lles importa: por iso son nais, e o seu amor desinteresado percibe — no noso aparente egoísmo— o noso afecto filial e a nosa confianza segura.

Non pretendo –nin para min, nin para vós– que a nosa devoción a Santa María se limite a estas chamadas urxentes. Penso —porén— que non nos debe humillar, se nos ocorre iso nalgún momento. As nais non contabilizan os detalles de agarimo que os seus fillos lles demostran; non pensan nin miden con criterios mesquiños. Unha pequena mostra de amor saboréana coma mel, e entréganse concedendo moito máis do que reciben. Se deste xeito reaccionan as nais boas da terra, imaxinade o que poderemos esperar da Nosa Nai Santa María.

Este punto noutro idioma