287

Mestra de caridade. Lembrade aquela escena da presentación de Xesús no templo. O ancián Simón asegurou a María, a súa Nai: mira, este neno está destinado para ruína e para resurrección de moitos en Israel e para ser branco da contradición; o que será para ti mesma unha espada que traspasará a túa alma, o fin de que sexan descubertos os pensamentos agochados nos corazóns de moitos22. A inmensa caridade de María pola humanidade fai que se cumpra, tamén nela, a afirmación de Cristo: ninguén ten amor máis grande que o que dá a súa vida polos seus amigos23.

Con razón os Romanos Pontífices chamaron a María Corredentora: «de tal xeito, xuntamente co seu Fillo paciente e agonizante, padeceu e case morreu; e de tal xeito, pola salvación dos homes, abdicou dos dereitos maternos sobre o seu Fillo, e inmolouno, en canto dela dependía, para aplacar a xustiza de Deus, que se pode dicir con razón que Ela redimiu o xénero humano xuntamente con Cristo»24. Así entendemos mellor aquel momento da Paixón do Noso Señor, que nunca nos cansaremos de meditar: stabat autem iuxta crucem Iesu ma ter eius25, estaba onda a cruz de Xesús a súa Nai.

Observariades como algunhas nais, movidas dun lexítimo orgullo, apresúranse a poñerse ao carón dos seus fillos cando estes trunfan, cando reciben un público recoñecemento. Ou tras en troques, incluso neses momentos permanecen en segundo plano, amando en silencio. María era así, e Xesús sa bíao.

Notas
22

Lc II, 34-35.

23

Ioh XV, 13.

24

Benedicto XV, Carta Inter sodalicia, 22-V-1918, ASS 10 (1918), 182.

25

Ioh XIX, 25.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma