288

Agora, pola contra, no escándalo do Sacrificio da Cruz, Santa María estaba presente, oíndo con tristeza aos que pasaban por alí, e blasfemaban meneando a cabeza e gritando: Ti, que derrubas o templo de Deus, e en tres días reedifícao, sálvate a ti mesmo!; se es o Fillo de Deus, descende da Cruz26. Nosa Señora escoitaba as palabras do seu Fillo, uníndose á súa dor: MeuDeus, meu Deus, por que me desamparaches? 27. Que podía facer Ela? Fundirse co amor redentor do seu Fillo, ofrecer ao Pai a dor inmensa —como unha espada afiada— que traspasaba o seu Corazón puro.

De novo Xesús séntese confortado, con esa presenza discreta e amorosa da súa Nai. Non grita María, non corre dun lado para ao outro. Stabat: está de pé, a carón do Fillo. É daquela cando Xesús a mira, dirixindo despois a vista a Xoán. E  exclama: Muller, velaí tes ao teu fillo. Despois dille ao discípu-lo: velaí tes á túa Nai 28. En Xoán, Cristo confía á súa Nai todos os homes e especialmente aos seus discípulos: os que habían crer nel.

Felix culpa29, canta a Igrexa, feliz culpa, porque acadou ter tal e tan grande Redentor. Feliz culpa, podemos engadir tamén, que nos mereceu recibir por Nai a Santa María. Xa estamos seguros, xa nada nos debe preocupar: porque a Nosa Señora, coroada Raíña de ceos e terra, é a omnipotencia suplicante ante Deus. Xesús non lle pode negar nada a María, nin tampouco a nós, fillos da súa mesma Nai.

Notas
26

Mt XXVII, 39-40.

27

Mt XXVII, 46.

28

Ioh XIX, 26-27.

29

Vixilia Pascual, Praeconium.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma