295
Falar con Deus
295 Invocarédesme e Eu atendereivos3. E invocámolo conversando, dirixíndonos a El. Por iso, temos que pór en práctica a exhortación do Apóstolo: sine intermissione orate4; rezade sempre, pase o que pase. «Non só de corazón, senón con todo o corazón»5.
Pensaredes que a vida non é sempre levadía, que non fal-tan desabores e magoas e tristuras. Respondereivos, tamén con san Paulo, que nin a morte, nin a vida, nin os anxos, nin os prin-cipados, nin as virtudes; nin o presente, nin o vindeiro, nin a forza, nin o que hai de máis alto, nin de máis profundo, nin outra ningunha criatura, poderá xamais separarnos do amor de Deus, que se funda en Xesucristo o Noso Señor6. Nada nos pode arre-dar da caridade de Deus, do Amor, da relación constante co noso Pai.
Recomendar esa unión continua con Deus, non é presentar un ideal, tan sublime, que se revela inaccesible para a maio-ría dos cristiáns? Verdadeiramente é alta a meta, pero non inaccesible. O vieiro, que conduce á santidade, é vieiro de oración; e a oración debe prender aos poucos na alma, como a pequena semente que se converterá máis tarde en arbore frondosa.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/295/ (14-12-2025)