296
Comezamos con oracións vocais, que moitos temos repetido de nenos: son frases acesas e sinxelas, dirixidas a Deus e a súa Nai, que é Nai nosa. Aínda, polas mañás e polas noites, non un día, habitualmente, renovo aquel ofrecemento que me aprenderon os meus pais: oh miña Señora, oh miña Nai!, eu ofrézome enteiramente a Vós. E, en proba do meu filial afecto, conságrovos neste día os meus ollos, os meus oídos, a miña lingua, o meu corazón... Non é isto —dalgunha maneira— un principio de contemplación, demostración evidente de confiado abandono? Que se contan os que se queren, cando se atopan? Como se comportan? Sacrifican canto son e canto posúen pola persoa que aman.
Primeiro unha xaculatoria, e logo outra, e outra..., ata que parece insuficiente ese fervor, porque as palabras resultan pobres...: e déixase paso á intimidade divina, nun mirar a Deus sen descanso e sen cansazo. Vivimos daquela como cativos, como prisioneiros. Mentres realizamos coa maior perfección posible, dentro das nosas equivocacións e limitacións, as tarefas propias da nosa condición e do noso oficio, a alma ansía escaparse. Vaise cara Deus, como o ferro atraído pola forza do imán. Comézase a amar a Xesús, de xeito máis eficaz, cun doce sobresalto.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/296/ (14-12-2025)