298
É posible que, xa desde o principio, se levanten nubeiros de po e que, á vez, empreguen os inimigos da nosa santificación unha tan vehemente e ben orquestrada técnica de terrorismo psicolóxico —de abuso de poder—, que arrastren na súa absurda dirección incluso aos que, durante moito tempo, man tiñan outra conduta máis lóxica e recta. E aínda que a súa voz resoe a campá rota, que non está fundida con bo metal e é ben diferente ao asubío do pastor, rebaixan a palabra, que é un dos dons máis preciosos que o home recibiu de Deus, agasallo belísimo para manifestar altos pensamentos de amor e de amizade co Señor e coas súas criaturas, ata facer que se entenda porque Santiago di da lingua que é un mundo enteiro de malicia11. Tantos danos pode producir: mentiras, denigracións, deshonras, supersticións, insultos, ruxerruxes tortuosos.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/298/ (14-12-2025)