30
Lembrade a parábola dos talentos. Aquel servo que recibiu un, podería —coma os seus compañeiros— empregalo ben, ocuparse de que rendese, aplicando as calidades que posuía. E que delibera? Preocúpalle o medo a perdelo. Ben. Pero, despois? Sotérrao!27. E aquilo non da froito.
Non esquezamos este caso de temor enfermizo a aproveitar honradamente a capacidade de traballo, a intelixencia, a vontade, todo o home. Sotérroo —parece afirmar ese desgraciado— , mais a miña liberdade queda a salvo! Non. A liberdade xa se inclinou cara algo moi concreto, cara a sequidade máis pobre e árida. Tomou partido porque non tiña outra que elixir: pero elixiu mal.
Nada máis falso que opoñer a liberdade á entrega, porque a entrega vén como consecuencia da liberdade. Mirade, cando unha nai se sacrifica por amor aos seus fillos, elixiu; e, segundo a medida dese amor, así manifestarase a súa liberdade. Se ese amor é grande, a liberdade aparecerá fecunda, e o ben dos fillos provén desa bendita liberdade, que supón entrega, e provén desa bendita entrega, que é precisamente liberdade.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/30/ (14-12-2025)