300

Neste esforzo por identificarse con Cristo, distinguín como catro chanzos: buscalo, atopalo, tratalo, amalo. Poida que comprendades que estades como na primeira etapa. Buscádeo con fame, buscádeo en vós mesmos con todas as vosas forzas. Se obrades con este empeño, atrévome a garantir que xa o atopastes, e que comezastes a tratalo e a amalo, e a ter a vosa conversación nos ceos13.

Prégolle ao Señor que nos decidamos a alimentar nas nosas almas a única ambición nobre, a única que merece a pena: ir xunta Xesucristo, como foron a súa Nai Bendita e o Santo Patriarca, con ansia, con abnegación, sen descoidar nada. Participaremos na dita da divina amizade —nun recollemento interior, compatible cos nosos deberes profesionais e cos de cidadán—, e agradecerémoslle a delicadeza e a claridade coas que El nos aprende a cumprir a Vontade do Noso Pai que habita nos ceos.

Notas
13

Cfr. Phil III, 20.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma