302

Ao admirar e amar de veras a Humanidade Santísima de Xesús, descubriremos unha a unha as súas Chagas. E neses tempos de purgación pasiva, penosos, forte, de bagoas doces e  amargas que procuramos agochar, necesitamos meternos dentro de cada unha daquelas Santísimas Feridas: para purificármonos, para gozármonos con ese Sangue redentor, para fortalecérmonos. Acudiremos como as pombas que, ao dicir da Escritura14, acubíllanse nos buratos das rochas á hora da tempestade. Agochámonos nese refuxio, para atopar a intimidade de Cristo: e veremos que o seu modo de conversar é apracible e o seu rostro fermoso15, porque «os que coñecen que a súa voz é suave e grata, son os que recibiron a graza do Evanxeo, que lles fai dicir: Ti tes palabras de vida eterna»16.

Notas
14

Cfr. Cant II, 14.

15

Cfr. Cant II, 14.

16

San Gregorio Niseno, In Canticum Canticorum homiliae, 5 (PG 44, 879).

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma