306

A Trindade Beatísima

Comezáramos con pregarias vocais, sinxelas, encantadoras, que aprendemos na nosa nenez, e que non nos gustaría abandonar nunca. A oración, que comezou con esa inxenuidade pueril, desenvólvese agora nunha canle ancha, mansa e segura, porque segue o paso da amizade con Aquel que afirmou: Eu son o camiño28. Se amamos a Cristo así, se con divino atrevemento nos refuxiamos na abertura que a lanza deixou no seu Costado, cumprirase a promesa do Mestre: calquera que me ama, observará a miña doutrina, e o meu Pai amarao, e viremos onda el, e faremos morada dentro del 29.

O corazón necesita, daquela, distinguir e adorar a cadansúa das Persoas divinas. Dalgún xeito é un descubrimento, o que realiza a alma na vida sobrenatural, como os dunha criaturiña que vai abrindo os ollos á existencia. E entretense amorosamen-te co Pai e co Fillo e co Espírito Santo; e sométese facilmente a actividade do Paráclito vivificador, que se nos entrega sen o merecer: os dons e as virtudes sobrenaturais!

Notas
28

Ioh XIV, 6.

29

Ioh XIV, 23.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma